Subvencións por gastos electorais. Eleccións Xerais 2026

Orde de actualización das subvencións por gastos electorais das Eleccións Xerais 29 de novembro de 2026: HAC/1062/2026, do 7 de outubro (B.O.E. núm. 250 do 8 de outubro).

Tipos e requisitos:

Por resultados electorais

  • 21.167,64 euros por cada escano (deputado ou senador).
  • 0,81 euros por voto, se se obtivo polo menos un deputado electo.
  • 0,32 euros por voto, por cada candidato que obteña escano de senador.

Por envíos electorais

  • 0,26 euros por elector en cada unha das circunscricións nas que presentase listaxe ao Congreso dos deputados e ao Senado.
  • Só se aboa esa cantidade se a candidatura obtén o número de deputados ou senadores ou de votos precisos para constituír grupo parlamentario nunha ou noutra Cámara.
  • Aínda que se consiga grupo parlamentario en ambas as cámaras, a subvención só se percibirá unha vez.