Os vídeos facilitados pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) reproducen o contido das diferentes seccións desta páxina en lingua de signos.
Vídeo proporcionado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas
Estes apoios solicitaranse á Xunta Electoral de Zona, por escrito e no prazo de sete días desde a notificación do seu nomeamento.
A Xunta Electoral de Zona comunicaralle á Delegación/Subdelegación do Goberno os acordos adoptados e os medios de apoio concreto que haberán de ser fornecidos.
Lembre tamén que se pode eximir da obriga de formar parte dunha Mesa electoral por causa da situación de discapacidade, declarada de acordo co artigo 4 do Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.
A presentación por parte do interesado da declaración de discapacidade, calquera que for o seu grao, abonda para a Xunta Electoral de Zona aceptar a escusa, sen ser necesario achegar certificado médico no que se detallen as limitacións que impidan ou dificulten o exercicio das funcións de membro dunha Mesa Electoral (Instrución 6/2011, do 28 de abril, da Xunta Electoral Central)(Abrirase unha nova xanela).
Tamén pode presentar a súa escusa electronicamente a través da aplicación da Xunta Electoral Central. Ten toda a información aquí(Abrirase unha nova xanela). Tamén na web da Xunta Electoral Central(Abrirase unha nova xanela)