Declaración de accesibilidade

O Ministerio de Interior comprometeuse a facer accesible as súas páxinas web, de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, de accesibilidade de páxinas web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (en diante, Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro).

Esta declaración de accesibilidade aplícase á páxina web 29neleccionesgenerales.info (os subdominios desta páxina web terán as súas propias declaracións de accesibilidade).

Situación de cumprimento

Este páxina web cumpre parcialmente co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, pola falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  • Falta de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro: poderían existir erros ocasionais de edición nalgunha páxinas web, tanto en contidos HTML como en documentos finais, publicados despois do 20 de setembro de 2018 (data de entrada en vigor do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro). En concreto, pode haber erros en documentos que conteñan gráficos, táboas complexas ou aqueles asinados electronicamente antes da súa revisión de accesibilidade.
  • Carga desproporcionada: non procede.
  • O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: Existen ficheiros ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpren integramente todos os requisitos de accesibilidade. Esta situación tamén pode incluír contido creado por terceiros non financiados, nin desenvolvidos, nin baixo o control do responsable desta páxina web.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

  • A presente declaración foi preparada o 23 de outubro de 2026.
  • O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.
  • Última revisión da declaración: 23 de outubro de 2026.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades do acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

A través dos seguintes medios:

  • premendo na ligazón que indicamos a continuación, introduza no asunto o texto “Accesibilidade Web” e, no campo de texto, debe detallar a/s páxina/s (url) á/s que se refire, indicando os incumprimentos ou a dificultade de acceso ao contido, ou ben as suxestións e melloras a esa páxina. Para realizar esta acción: Contactar co Ministerio do Interior(Abrirase unha nova xanela).
  • poñéndose en contacto por teléfono a través do número 060.

Procedemento de aplicación

A través deste procedemento poderá iniciar unha reclamación para coñecer e opoñerse aos motivos da desestimación dunha solicitude de información accesible ou queixa, instar á adopción das medidas oportunas se non está de acordo coa decisión adoptada ou explicar os motivos polos que considera que a resposta non cumpre os requisitos esixidos.

Ligazón ao procedemento de reclamación (abre nova xanela), que debe dirixirse á Subdirección Xeral de Coordinación de Información, Datos, Servizos Web e Transparencia, como Unidade responsable da accesibilidade deste Ministerio, ou se a reclamación é por unha actuación desa Unidade, ao seu superior xerárquico.

Contido opcional

A versión visible deste sitio web é de outubro de 2026 e nesa data revisouse o nivel de accesibilidade vixente.

A partir desa data, realízanse revisións parciais diarias do contido web novo ou modificado, tanto dos modelos como das páxinas e documentos finais publicados, co fin de garantir o cumprimento dos requisitos de accesibilidade da Norma UNE-EN 301549:2022, considerando as excepcións do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro.

Ademais, este sitio web será revisado polo Observatorio de Accesibilidade Web (OAW).

Entre outras, adóptanse as seguintes medidas para facilitar a accesibilidade:

  • Uso de texto alternativo nas imaxes
  • As ligazóns proporcionan detalles sobre a función ou o destino da hiperligazón
  • Uso dos estándares do W3C: XHTML 1.0, CSS 3.0, WAI AA.